20.5.15

OLLOS DE AULA. Nº 21

Nesta entrega, convídannos a realizar as pequenas pero importantes accións que todos e todas podemos facer pola lingua todos os días do ano. Tamén inclúe unha reflexión, "The Walking Dead (versión enxebre)", que cuestiona o modelo actual de celebración das Letras Galegas. A psicopedagoga Lines Salgado afonda na proba de avaliación de 3º de Primaria e Carmen Díaz Simón, orientadora do IES Lucus Augusti, responde á pregunta "Como debe educar a escola para a convivencia social?". Ademais, Gracia Santórum ofrece as súas interesantes propostas de lecer, ás que se suman os convites que se fan nos anuncios-móbil da páxina 2.

A PALABRA TEN VIDA!!!

Este ano polas letras galegas quixemos darlle vida ás palabras a través da canción de Paco Nogueiras, A palabra ten vida, do seu disco Brinca vai! Os nosos paraugas, cheos de palabras da nosa terra, cobran vida polo patio, polos corredoiros, polas aulas... para lembrarnos que somos nós os que lles damos vida ás palabras. Con este vídeo festexamos as Letras Galegas deste ano 2015 e agradecerlle a Paco Nogueiras este disco e todas as marabillas que podemos facer coas súas cancións.



letras2015 from bemilladoiro on Vimeo.

18.5.15

FESTIVIDADE DAS LETRAS GALEGAS

Presentamos un resumo do que foi a nosa celebración das LETRAS GALEGAS este ano. Pola mañá, os escolares deleitáronnos cun recitado e declamación de poemas e a tarde adicámola á tradicional xornada de xogos populares e a tómbola de agasallos. Pasámolo fenomenal!!!

Festa das Letras from bemilladoiro on Vimeo.

14.5.15

ONTE, HOXE E MAÑAN...

Como cada ano, estamos convidados a participar na manifestación pola lingua que terá lugar en Compostela o 17 de maio. A Plataforma cidadá Queremos Galego lerá un manifesto baixo o lema "O Galego, garantía de futuro". QUE SE ESCOITE BEN LONXE!!!

1.5.15

QUE SE VEXA O GALEGO!!!

O EDLG do CEIP Milladoiro queremos sumarnos a esta iniciativa que propón a CTNL porque estamos convencid@s de ter unha lingua fermosa, útil e moderna e por iso a usamos os 365 días do ano. Pincha aquí